Carreira e Andaina Solidaria Camiñando

19/06/2022

FEGADACE organiza o 19 de xuño en Compostela a Carreira e Andaina Solidaria Camiñando #PoloDanoCerebral. Un percorrido pola Alameda e polo Campus Sur para sensibilizar sobre a prevención do dano cerebral adquirido e concienciar da necesidade de levar uns hábitos de vida saudable.

Para garantir que todo o mundo poida practicar exercicio, existe a posibilidade de inscribirse na carreira (5 km, 12 euros, inicio ás 10:00) ou na andaina (5 km, 6 euros, inicio ás 11:00). E para as persoas solidarias que non poidan asistir, habilitamos unha canle de doazón a través do Dorsal Cero. Xestiónase todo a través de www.carreirasgalegas.com.

Agradecémosvos moitísimo se podedes compartir a carreira nas vosas redes e entre os vosos contactos e base social: precisamos espallar a concienciación para a prevención do dano cerebral adquirido.

Animádevos a acompañarnos, camiñade #PoloDanoCerebral!